* Becerreá nun relato de Clarín

Leopoldo Alas “Clarín” (1852-1901), o famoso autor de “La Regenta”, considerada unha das mellores novelas en castelán do século XIX, o día 7 de xaneiro de 1900 publicou na revista satírica de Valencia, “Arte Moderno”, un relato titulado “Malos humores (diálogo y no platónico)”. Trátase dun diálogo (versión irónica do diálogo platónico) entre o narrador e un poeta mediocre que foi a presentar os seus poemas. En “Malos humores” faise burla e arremétese contra a poesía española da época.