No Arquivo do Reino de Galicia consérvase un interesante documento do 4 de setembro de 1566. Trátase da escritura do ritual de posesión da ferrería, situada xunto o río Quiroga, da Rodela (documéntase dende o ano 1562 polo que a súa construción debeu ser anterior), pertencente á Encomenda do Hospital de Quiroga, dada a petición do seu propietario, Francisco Basques, polo escribán Antonio Rodrigues. O documento recolle un cruento ritual acontecido nesta ferrería no que intervén, entre outros, un rendeiro da Ferrería de Bois, pertencente á casa fidalga de Noceda (a súa orixe remóntase ao último tramo do século XV, relacionada coa poderosa Casa dos Bolaño Ribadeneira de Torés). A Ferrería de Bois atópase xunto o río Valdeparada que actúa como divisorio entre as parroquias de Noceda e Santo André, ambas no concello das Nogais.
Este Francisco Basques era fillo de Álvaro de Quiroga que defendeu a fortaleza do Incio contra a condesa de Lemos cando esta lle usurpou parte da facenda na Terra de Caldelas aos freires encomendeiros da Orde de Malta. Tal como recoñece o propio comendador no ano 1562, foi esta actuación a que determinou a cesión foral. A fortaleza do Incio (só se conserva a torre), na parroquia do Hospital, atópase nas inmediacións da igrexa románica do século XII de San Pedro Fiz; denomínase como fortaleza en dúas escrituras dos anos 1616 e 1674.
Non se está, no presente caso, diante dun simple ritual tan común no Antigo Réxime (posesión dun monte, dunha casa, etc.), senón dun máis complexo que amosa, ademais dunha variada simboloxía, o poder do propietario da ferrería da Rodela manifestado na pública e sanguiñenta execución dun gran touro, símbolo da opulencia da casa, coa presenza de veciños "moradores çercanos y comarcanos de la dicha Tierra de Quiroga", traballadores da ferrería, fidalgos (caso do señor de Noceda), etc.
O DOCUMENTO
"... Y en razón de lo sussodicho, y estando dentro de la dicha cassa y erreria da Veyga de Quintá el dicho Francisco Basques de Quiroga e Ysabel Basques de Canida, su muger, fundadores, hacedores, propietarios de dicha erreria, y mucha parte de los vezinos y moradores çercanos y comarcanos de la dicha tierra de Quiroga e erreria, e publicamente, y estando al presente Miguel de Aurtiz, biscayno y maestro que fue de la dicha erreria (os técnicos adoitaban ser vascos), e Miguel de Aldunzin, rendero de la errería de Boys (Ferrería de Bois, nas Nogais), e Juanes de Aldunzin, rendero de la erreria de la puente de Quiroga, y de Aranburçe, e Juan Morro e Sanjuan, e Lopo de Espella, maestros de ferraxe, e Miguel Moran, machador, e Juanico Bizcayno e Andres de Bedia, que son arossa (alusión ao mestre principal das ferrerías) tirador e fundidor y tassador, y brasseros y ofiçiales de la dicha erreria, luego trajeron y metieron dentro de la dicha erreria, por antemi, escrivano e testigos e personas arriva e avajo contenidas, un toro maron presso con dos sogas, una atras y otra adelante, y lo sacaron los dichos brasseros y ofiçiales y biscaynos y personas por la puerta principal de la dicha erreria, y lo llevaron al llano y beyga que se dize el de Quinta (...) al camino questa sobre el poço que se dize das bouças (...) para pasearlo por los limites de la erreria fijando marcos solidos en los limites de la misma (...) y echo lo susodicho se volvieron el y los ofiçiales y personas a la dicha erreria con el dicho toro y lo ataron las piernas y lo derrivaron sobre la junque, teniendole por los cuernos y sogas, y el dicho Francisco Basques e Ysabel Basques, su muger, tiraron por el palo de la tapadera del chifron y dieron agua a la rueda del maço, el qual dio de golpes en el pescuesso del dicho toro, de los quales golpes se corto de presto carne, cuero y güessos, asta que se lo acabo de cortar, y partido, tomaron la dicha caveça los dichos ofiçiales y brasseros, corriendo sangre por ante mi, el dicho escrivano e testigos. Salieron por la puerta sussodicha de la dicha erreria y cercaron por donde antes andaron con el dicho toro siendo bivo, bañando y mojando los dichos marcos y mojones con la sangre que de la dicha caveça salía (...), y continuando la dicha posesion e auto teniendo fundido un augoa de fierro con bena de la venera tassada y la izo fundir a los ofiçiales y la sacaron de la fragua donde se fundio ardiendo...".
Ao menos dende mediados do século XVII, a ferrería da Rodela aparece entre as posesións do mosteiro beneditino de San Xián de Samos. Do ano 1756 é un auto entre o mosteiro con Francisco Losada e consorte sobre o uso da ferrería para que non se puidera fabricar no río de Quiroga, xunto a ferrería, ningunha represa que impedira o traballo. No 1759 o mosteiro de Samos reclámalle ao anterior o pago dos danos ocasionados por unha gabia que fixera nas inmediacións da ferrería. Segundo o Catastro de Ensenada do mediados do século XVIII, só traballaba seis meses ao ano porque o río Quiroga, sobre todo en verán, non levaba suficiente auga para o seu funcionamento. Coa construción dos grandes fornos, a falla de carbón e a deforestación, a ferrería foi decaendo na súa actividade, pasando a seren só unha fragua, transformada a mediados do século XX nunha central eléctrica.
Nun preito do 4 de agosto de 1589 aparece como renteiro da Ferrería de Bois, nas Nogais; Lorenzo de Alza.
BIBLIOGRAFÍA
González
Pérez, C. 1994: As
grandes ferrerías da provincia de Lugo.
López Pombo, L. 2003: Genealogía de la Casa Señorial de Noceda, As Nogais, Lugo.
Migués Rodríguez, V. M. 1996: Un exponente de gestión económica de la "fidalguía" gallega y de la producción de hierro en la montaña lucense. La herrería de Quintá durante el Antiguo Régimen.
Presedo Garazo, A. 2004: A cultura material nun pazo lugués a comezo do século XVII: A Casa de Noceda en As Nogais.
Tenreiro Bermúdes, M.2009: Sacrificio, Fundación y Delimitación. Etnoarqueología de un ritual en la Hispania céltica
http://papelmarelo.blogspot.com/2019/04/vilas-literarias-quiroga-ferreria-da.html
http://ramonvilaanca.blogspot.com/2013/05/a-cultura-do-ferro-en-quiroga.html




