A VÍA DE KÜNIG (blog)

No ano 2015, dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares tomamos a iniciativa para que a Xunta de Galicia recoñeza unha variante do Camiño de Santiago que, desviándose do Camiño Francés, pasaba polos concellos de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Becerreá, Baralla, O Corgo e Lugo, que denominamos como Vía de Künig en honra dun monxe que escribiu unha guía no ano 1495.