* Algunhas cousiñas sobre o entroido na comarca dos Ancares

Entre os anos sesenta e oitenta do pasado século XX funcionou en Becerreá o bar Chafarotes. Tomou o nome polos anchos sabres utilizados durante a Guerra da Independencia, armas que serviron para adornar as paredes do local. Nunhas fotos dos anos setenta vense uns veciños e unhas veciñas de Becerreá con disfraces (son numerosas as crónicas que falan do asedio constante ao que era sometido o exército francés por parte dos guerrilleiros da comarca) e algunhas armas utilizadas durante a contenda.


Nalgúns lugares da comarca dos Ancares (Murias de Rao, Donín, O Pando...), xa polo primeiro día do ano tíñase o costume de saír as máscaras anunciando o novo tempo que viña co Entroido.

En Aigas (Navia de Suarna), nenos e nenas percorrían as terras con fachos para alonxar o meigallo.

No Gumieiro e no Comeal (Cervantes) e en Coro e Robledo (Navia de Suarna) disfrazábanse e, armados con fachuzos acesos, ían ata o límite da parroqia para marcar a territorialidade aos seus veciños.

En Traserra e Vilarpandín (Navia de Suarna) prendían fogueiras tanto nas aldeas coma nos límites parroquiais. 

En Donís (Cervantes), o martes de Entroido facían unha facha cada veciño e con ela encamiñábanse cara unha fogueira situada ás afóras que prepararan as mozas. Tocaban o tambor e bailaban lanzando gritos guturais. Despois regresaban para o pobo e xuntábanse nunha casa a beber viño.

Moitos mozos acudían ás festas do Entroido armados con navallas e pistolas, as liortas entre mozos das distintas parroquias eran bastante frecuentes.

Durante o Entroido tamén acontecían casos curiosos, coma este que recollemos da prensa de mediados dos antos sesenta.


© Colectivo Patrimonio dos Ancares