O sábado 7 de febreiro de 2026 colocáronse tres "stolpersteine" fronte ao Concello das Nogais, en presenza de familiares de tres deportados que morreron asasinados no campo de exerminio nazi de Mahthausen-Gusen. O proxecto Stolpersteine impulsouno o artista alemán Gunter Deming, e lembra dende hai máis de tres décadas as vítimas do rnazismo. As stolpersteine (pedras a memoria) son instaladas nos lugares onde estas vítimas naceron, residiron ou traballaron ou en lugares emblemáticos das súas localidades de orixe para homenaxear a súa memoria.
O acto comezou no salón de plenos cunha introdución de benvida do alcalde, Jesús Manuel Núñez. Despois Miguel Freire, historiador, da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), experto na deportación de veciños e veciñas da provincia de Lugo aos campos nazis, ofreceu unha unha charla para explicar a historia dos republicanos deportados aaos campos de concentración, acompañada do vídeo Os últimos españois de Mauthausen. Tamén explicou a quen se homenaxeaba, quen eran os deprotados, e que significa a conmemoración do Día Internacional das Vítimas do Holocausto que se celebrou o pasado 27 de xaneiro.
Octavio López, Balbino Santín e Liberio Valín foron tres veciños das Nogais que foron deportados a un campo de concentración nazi. A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) promoveu a homenaxe a estes tres republicanos.
Liberio Valín García, de Doncos, quen no momento do golpe franquista vivía coa súa nai en Madrid. Igualmente exiliado en Francia, foi deportado a Mauthausen e despois gaseado no Castelo de Hartheim en 1944.
Balbino Santín Aira, levado no seu caso de Francia a Mauthausen e despois a Gusen, onde faleceu.
Octavio López Reymóndez,emigrante en Barcelona, tamén exiliado en Francia, deportado a Mauthausen e morto en Gusen.
Na homenaxe tamén participaron Isaac Santín, sobriño neto de Balbino Santín; Marisol Castro, neta de Octavio López; e representantes da familia de Liberio Valín. A música correu a cargo da agrupación Abrente.
O acto rematou cunha interpretación dos bisnetos e tataranetos de Octavio López Reymóndez “A prole de Octavio”, coa intervención de Aarón Ulloa, Raquel Santamaría, Antón, Carmen Ulloa, Aída Ulloa e Carlos de Santos. Finalizou cun roteiro cara os lugares onde viviron os tres homenaxeados.
Na súa Memoria.

