OS ANCARES: IMAXES CON HISTORIA


(Para abrir as imaxes, clicar sobre elas)

CONCELLO DE BARALLA











 O Castiñeiro de Folgueira, en Recesende 
(finais anos 40)

Outra foto do Castiñeiro de Folgueira

 




UNHAS FOTOS CENTENARIAS, FEITAS, POSIBLEMENTE, EN BARALLA

A primeira fotografía da historia débese a Joseph Nicépore Niép que no ano 1816 obtivo un negativo en papel, que non se conserva. Abandonou a investigación cando non se decatou de que o negativo podía ser utilizado para obter positivos. Dous anos despois conseguiu imaxes en positivo, pero sen posibilidades de reproducilas. A este proceso chamoulle heliografía. A primeria fotografía da historia que se conserva data do ano 1826. Necesitou 8 horas de tempo de exposición da prancha á luz. Como non conseguiu resolver a cuestión da fixación das imaxes (perdían nitidez co paso do tempo ata facerse invisibles), non se lle considerou o único inventor da fotografía.

 

No 1835, William Henry Fox Talbot consegue o primeiro negativo, bautizado co nome de calotipo. Consistía nun negativo sobre papel salgado, copiado sobre outra folla, que por contacto creaba un positivado. Impregnábase cunha solución aceda de nitrato de prata antes e despois da exposición. Con este proceso rebaixábase enormemente o tempo de exposición (duraba entre un e sete minutos), e por primeira vez conseguíase tirar múltiples positivados dun único negativo. 

No ano 1839, Louis Daguerre inventou o daguerrotipo que consistía nunha copia única realizada sobre unha emulsión nunha prancha de cobre. Pero os daguerrotipos, ademais de caros e pesados, eran difíciles de conservar. A primeira fotografía en España utilizando este sistema data tamén do 1839. Foi en Barcelona, e os seus autores foron Pedro Felipe Monlau i Roca e Ramón Alabern. O daguerrotipo subastouse entre os asistentes ao acontecemento e da foto nunca máis se soubo.

 

No 1839, o inglés John Frederick William Herschel comunicou un descubrimento seu feito no ano 1819 en que realizou o primeiro negativo de cristal que estableceu o precedente da súa utilización como fixador.

As pranchas de vidro desapareceron case pro completo a principios do século XX, cando se introduciron o uso de películas que presentaban moitas máis vantaxes (papel e celuloide). 

Os negativos en vidro que achegamos foron salvados, in extremis, por Sergio Fernández. O único que sabemos é que as fotos foron tiradas na comarca dos Ancares. Trátase de sete negativos de 9 x 12 cm en bastante bo estado de conservación.   
Nunha primeira vese a imaxe dunha igrexa, con pórtico na fachada principal, e un campanario con tres ocos, os dous inferiores coas campás. Xunto a entrada ao adro hai unha monxa, e baixo o pórtico dous homes con roupa talar (seguramente dous curas).

 

Noutra foto apréciase un andamio colocado nun edificio sobre o que apoia unha escada pola que baixan unhas persoas, posiblemente uns obreiros. Cremos que se trata dunha igrexa onde están a reparar o presbiterio, máis elevado ca nave. Tamén se observa unha columna que formaría parte do pórtico.

 

Nunha terceira vese un grupo de persoas posando, cinco de pé e tres sentadas (catro mulleres e catro homes), situados diante do que semella o pórtico dunha igrexa.

 

Noutra aparecen dous homes e dúas mulleres de pé, e unha muller máis sentada. Esta última parece unha monxa.

 

Nas restantes vense relixiosas e relixiosas ás que delatan as cruces que colgan sobre o peito e un longos colgantes con contas rematadas en posibles escapularios.

 

Non sabemos con exactitude de que igrexa se trata, pero ao comparar os negativos coas igrexas da comarca que presentan esa tipoloxía cremos que pode tratarse da igrexa parroquial de Santa María de Pacios, en Baralla. É probable que as fotos se fixeran durante un importante acontecemento. 

Como escribimos máis arriba, este tipo de soporte en vidro aparece no ano 1839, e o seu uso rematou a principios do século XX. Estas fotografías terían, entón, máis de 100 anos. Ignoramos se existen outras neste soporte pola comarca dos Ancares pero nós son as máis antigas que coñecemos.

Días despois, Roldán (José Ángel Fernández Revaldería) amosounos unha antiga cámara fotográfica de caixón que pertenceu a un seu antepasado. Será casualidade, pero a cámara utiliza negativos de vidro, tamén de 9 x 12 cm. Sería esta a cámara utilizada para sacar as fotos de Pacios? Daquelas, a xente que podería ter acceso a un aparello fotográfico contaríase cos dedos dunha man. E ollo, a cámara de Roldán aínda funciona!

 


CONCELLO DE BECERREÁ









Corredoira con castiñeiros no concello de Becerreá 
(Matilda Anderson, 1925)

Interior da igrexa de Penamaior nunha vella foto












 

 
   













 
















 

Tumba de laxes no Chao da Capilla, en Vilar de Ousón 
(anos 7o)







FOTOS DO ESCRITOR, XORNALISTA E POLÍTICO FUCO GÓMEZ, NADO EN MONTAÑA DA AGRA (BECERREÁ) NO ANO 1895, E FINADO NA HABANA NO 1972






CANDO ROMA SUCUMBIU EN BECERREÁ (XACEMENTO DO ENCIÑAL) 

As fotos que achegamos a continuación rescatounas da súa fototeca o compañeiro Xosé Manuel Rodríguez Fernández, un documento excepcional que nos da unha idea de como era o poboado do Enciñal, un sitio arqueolóxico que, lamentablemente, foi tragado polo "progreso" (pola estrada A6 no ano 1999), impedindonos coñecer unha parte fundamental da historia da comarca e de Galicia. Dous mil anos máis tarde de que os romanos se instalaran na zona, unha parte da poderosa Roma sucumbiu ante as máquinas en Becerreá.

 
     










 
 
CONCELLO DE CERVANTES






































Acampada nos Ancares no Arquivo Histórico Provincial  
(Vega, 1956)





























FOTOS DE CANDO A APARICIÓN DO CASTRO DE SANTA MARÍA DE CERVANTES

No mes de marzo de 2018,  Roldán (José Ángel Fernández Revaldería) deu cunhas fotos que tiña esquecidas. E non é para menos, transcorreran 24 anos dende que as fixera. Fora no ano 1994, cando ao anchear o acceso á igrexa parroquial de orixe románica de Santa María do Castro, unha máquina escavadora topou cuns muros de lousa. Roldán, que axiña intuíu que aquilo podía ser algo importante, deu aviso para que se paralizaran os traballos. Así se fixo.  

Aí van as fotos, un importantísimo documento fotográfico, inédito, que non sería posible se a Roldán non se lle dera, naquel lonxano día, pasar polo sitio.

  

 
 
 






CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA



O Castiñeiro das Cruces  en Rao
(W. Ebeling nos anos trinta do século XX)











Venta de varas na feira da Pobra de Navia no ano 1963


 
 













CONCELLO DAS NOGAIS





O castelo de Torés no ano 1912






A torre de Doncos no ano 1923
 
 














A Casa de Chancia
(López Pombo)

 Marco divisorio no interior da Casa de Chancia 
(Luis López Pombo)

Casa de Chancia 
(Luis López Pombo)
















Cruz procesional da igrexa de Torés
(López Pombo)

Custodia da igrexa de Torés
(López Pombo)



 
CONCELLO DE PEDRAFITA DO CEBREIRO