* Unha nova fortaleza en Pacios (Pedrafita do Cebreiro)?

A uns 300 metros en liña recta da Casa-torre de Pacios, en Pedrafita do Cebreiro, localizamos o microtopónimo A Torre, un outeiro situado a 991 metros de altitude entre dous cursos de auga, os regueiros Fonteboiceas e Fontes. Por medio do programa LIDAR, na parte alta localizamos unha zona totalmente achairada, que semella artificial, cunhas medidas aproximadas de 27 por 23 metros que polas características, ademais do claro topónimo, puído acoller algún tipo de construción de control ou vixiancia da zona. Coordenadas: x: 656042 - y: 4726754. 

Agora só nos falta visitar o sitio e ver o que nos depara.