* Catro círculos máis na provincia de Lugo

Entre os meses de decembro de 2023 e marzo de 2024, grazas ás imaxes do voo americano dos anos 1956-57, localizamos catro novas estruturas circulares na provincia de Lugo. Na actualidade, á vista das ortofotos, apenas debe quedar nada dos círculos xa que foron destruídos pola actividade humana. De todos xeitos, cando visitemos os sitios, procuraremos ampliar a información.

Dous localizámolos en Castrolanzán e Guimarei (Baralla), un en Pedrafita do Cebreiro, e o outro na Pobra do San Xiao (Láncara).