* O cenobio San Salvador de Cancelada estivo en O Mosteiro (Cervantes)

O día 18 de marzo de 2023 estivemos na igrexa de San Xoán do Mosteiro, no concello de Cervantes. O profe de Historia do IES de Becerreá, Ignacio Cabarcos, demostrou documentalmente, despois dunha longa investigación, que eiquí estivo o desaparecido mosteiro de San Salvador de Cancelada que xa estaba en funcionamento no século X. A igrexa actual substituíu a outra anterior como nolo demostran algúns restos que apareceron cando o seu arranxo.

A importancia medieval deste territorio, situado entre Pontes de Gatín e O Comeal, sería consecuencia do paso da vía romana XIX, que perviviría como unha vía principal de entrada a Galicia durante a Idade Media, un feito ata o de agora esquecido pola historiografía”. Para saber máis aí deixamos a ligazón a este completo artigo de Fernanda Follana Neira en “La Voz de Galicia”.

La Voz de Galicia